Benvidos e benvidas á web do concello de Muras.
Con esta páxina pretendemos abrir ás portas dixitais do noso concello para que entredes sen chamar e vos sintades coma na vosa propia casa. Queremos ofrecervos unha ferramenta que sexa útil, práctica e cómoda para as vosas demandas e inquedanzas.
Por un lado, os veciños e veciñas ides dispoñer de información relativa á administración municipal, onde atoparedes modelos de solicitudes para trámites e procedementos administrativos, as convocatorias públicas de emprego, o portal do contratante, así como as actas dos plenos e comisións, e todas as novas e actividades de interese xeral, dando cumprimento á nosa vontade de gobernar con absoluta transparencia.
Por outra parte, os visitantes poderedes localizar toda a información necesaria para descubrir os mellores recunchos do noso concello, situado no corazón da serra do Xistral. Procuraremos que esta ventá orientada ao turismo sirva para satisfacer as vosas consultas.
Desexamos que esta web sirva para levar un anaquiño da nosa terra polo mundo enteiro, especialmente ás casas dos nosos emigrantes, para que curen a morriña con vídeos actualizados do concello e das parroquias ao longo do ano.
Convídamosvos a que entredes, disfrutedes e aproveitedes esta nova ferramenta da era dixítal, axudándonos tamén a mellorala día a día coas vosas suxerencias e propostas. Eu como alcalde, seguirei co meu compromiso de facer do noso concello de Muras un lugar aberto, solidario, moderno e con futuro, grazas á ilusión e apoio que recibo de todos e todas vós.
Con moito agrado, recibide un saúdo,
Manuel Requeijo Arnejo
Manuel Requeijo
Manuel Requeijo Arnejo.
Alcalde e voceiro. BNG
Belén Chao Ramil.
Primeira tenente de alcalde. BNG
Cristina Franco. Concelleira. BNG
María Eugenia Requeijo.
Concelleira e voceira. PPdeG
Alberto Díaz.
Concelleiro. PPdeG
Jesús Trastoy.
Concelleiro. PPdeG
Mario Rouco Rey.
Concelleiro, voceiro e segundo tenente de alcalde. PSdeG-PSOE
Dirección: Praza da Galeguidade, 4 27836 Muras, (Lugo)
Teléfonos: 982 500 001 e 982 500 012
Fax: 982 500 063
Email: administracion@muras.gal
Facebook: http://www.facebook.com/concellomuras
Horario de Atención ao público (Concello e Rexistro)
De luns a venres de 8:00 a 14:30 e luns e mércores de 16:00 a 19:00
Horario de Atención ao público no verán (do 15 de xuño ao 15 de setembro)
De luns a venres de 8:00 a 14:30
Atención personalizada (recoméndase solicitar cita previa)
Servizos Sociais: De luns a venres de 9:30 a 14:00
Urbanismo: Luns e xoves de 9:00 a 14:00
982 870 596
Rúa Margarida s/n 27836
PAI (Punto de Atención a Infancia). Para nenos/as de 0 a 3 anos. De luns a venres de 8:00 a 16:00.
982 046 048 ou 655 470 548
Centro de Saúde
982 500 123
Praza de Vilalba s/n, 27836
982 500 042
Pza. da Galeguidade, 3
982 500 000
Rúa José Ferro Rodeiro 4, 27836
Asociación Atila de Amigos dos Cabalos
982 500 001
Garda Civil
982 500 020
Rúa José Ferro Rodeiro 1, 27836
Gasóleos Muras
687 550 898 e 982 500 097
Estrada Xeral, quilómetro 35
982 520 001
Avenida Terra Chá 29, 27377 Feira do Monte
Panadería
982 500 021
O Burgo 1, 27836
Sen malas pulgas. Voluntariado. Persoas que difunden e atopan fogar a animais abandonados do concello.
669 26 40 50
982 500 100
Rúa Vilar 3, 27836
982 50 00 64/62
Rúa José Ferro Rodeiro, 12
URXENCIAS
SOS Galicia: 112
Lumes Forestais: 085
Urxencias Sanitarias: 061