As persoas afeccionadas á caza, tanto maior (xabaril, muflón e corzo) como menor (faisán e perdiz) -e tamén para quen goste de seguir rastros cinexéticos ou facer fotografía- teñen no noso concello un pequeno paraíso. Muras é sé de probas como o Máster CCB e contamos con sociedades de cazadores que xestionan diversos tecores.
En canto á pesca, pasan polo noso concello tres ríos: Landro, Eume e Sor. O noso coto, de case dez quilómetros, vai dende a A Ponte de Saamil ata A Ponte de Casateita. É unha auténtica xoia para os troiteiros, pero tamén se poden atopar anguías, salmóns e reos.
Na “Área recreativa de A Veiga” está a nosa Piscina Municipal, unha instalación ao aire libre aberta os meses de xullo e agosto e na que, sen custo algún para os vecinos e veciñas, organízanse clases de natación, ademais de ser lugar de esparexemento nos días más cálidos do ano.
Tras dunha recente reforma ofrece un vaso para ADULTOS e outro máis pequeno para os RAPACES e RAPAZAS.
Á beira do río Eume nada como tirar proveito deste espazo aberto con fraga de ribeira para organizar comidas campestres, pasear e relaxarse. Alí tamén está a piscina municipal e é onde celebramos as festas patronais e máis a Romaxe Artesá da Chaira.