P.A.I: xornada de portas abertas e inscricións

Concello de Muras | P.A.I: xornada de portas abertas e inscricións |

O CURSO 2024-2025 comeza cunha xornada organizada para este VENRES 28 de xuño dende as 09:30 ata a 10:30, cando o noso Punto de Atención á Infancia ficará aberto para que as familias interesadas en facer reserva de praza para 2024/25 poidan coñecer o proxecto educativo, o espazo e resolver cantas dúbidas teñan. Lembramos que a instalación, localizada no propio Ceip Antía Cal ,está operativa de 8.00 a 16.00 horas para axudar a mellorar a conciliación atendendo a crianzas de entre 0 e 3 anos.

A maiores, INFORMAMOS DE QUE O PRAZO DE SOLICITUDE de admisións comeza o día 1 de xullo e dura ata o día 15 do mesmo mes. Podedes presentala en soporte papel ou por medios telemáticos no Rexistro Electrónico do Concello, o horario de presentación no rexistro é de luns a venres de 8:00 a 14:00 horas. Deixamos aquí a documentación para a vosa descarga e uso.

En todo caso para calquera información chamade ao 982 500001/12.

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais