Proxectos que recibirán axuda do GDR-2

Concello de Muras | Proxectos que recibirán axuda do GDR-2 |

A iniciativa que recibiu máis puntuación foi a dunha empresaria que elaborará comida vegana e instalarase en Xermade. Tamén neste municipio, unha firma local ampliará as instalacións coa construción dun secadeiro de madeira. Relacionado con este sector, porase en marcha na Pastoriza unha planta de tratamento secundario da madeira, mentres que en Castro de Rei acondicionarase unha parcela xunto a unha nave para a elaboración de pellets. Outra proposta é a adecuación das instalacións para un centro de I+D+i en Vilalba, mentres que relacionados co turismo hai dous: unha empresa multiaventura de Riotorto para buggies e outro para habilitar un museo sobre maquinaria agrícola na Pastoriza. En canto aos proxectos non produtivos destaca o que supoñerá a creación dun centro especializado en trastornos de patoloxía dual, previsto en Castro de Ribeiras de Lea (Castro de Rei). A el únese un proxecto de integración e formación de mozas no sector agrogandeiro en Muimenta.

O Grupo de Desenvolvemento Rural Terra Chá daba luz verde o pasado mércores a estes dez proxectos por valor de máis de 726.000 euros que serán executados na primeira anualidade do novo Plan Leader, entre 2017 e 2018. Lamentamos que non se presentara ningún proxecto privado de Muras, pero conseguimos fondos para proxectos públicos para o 2018.

 

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais