Contos da nosa tradición escrita e oral nos que as mulleres son as protagonistas. Son relatos que foron o xerme da nosa cultura, sobre mulleres que protagonizaron a nosa historia e marcaron a nosa vida e o noso futuro.
Relatos na voz de Fátima Fernández nos que se mesturan as penas e as risas, onde as protagonistas non son princesas, nin guerreiras, son personaxes reais, redeiras, gandeiras, bordadoras, labregas… que tiveron que enfrontar unha sociedade que as tratou de xeito diferente.
Vinde ata a Casa do Médico este domingo a vela!