No día de hoxe, no BOP da Deputación de Lugo, saen publicados os incentivos á contratación do alumnado traballador do Obradoiro de Emprego Terras do Sor V que publicita o Concello de Ourol como entidade promotora, pero no que o noso concello máis Vicedo participamos como asociados. Hai 6 contratos para traballos de carpintaría e moble e un mes de prazo para que as empresas interesadas pidan a axuda.
O alumnado-traballador será contratado na modalidade de contrato para a formación e aprendizaxe e percibe unha retribución equivalente ao 100% do salario mínimo interprofesional incluída a parte proporcional dunha paga e media extraordinaria. A Xunta de Galicia subvenciona os gastos derivados da posta en marcha e do taller e dos custos de contratación das persoas mozas participantes (os contratos temporais incentívanse cunha subvención fixa de 1.500 € por cada traballador/a, correspondente ao contrato mínimo de 3 meses a xornada completa). A etapa de formación en alternancia coa práctica profesional terá unha duración de 9 meses dirixida á aprendizaxe e adquisición de experiencia profesional.