Este sábado 18 de xuño e de 10 a 14 da mañá temos este interesantisimo obradoiro da man da lucense Noelia López, enxeñeira agrónoma experta en Produción Sostible, emprendedora e fundadora da consultora Biofusiónate tras anos de experiencia na súa especialidade. Aprenderedes sobre extractos fermentados, remedios insecticidas e funxididas, como facer os macerados…
Chamade ao concello para apuntarvos! xa que só hai 10 prazas. Será na Casa do Médico.