Silvicultura e fruticultura centrarán un interesante obradoiro que o concello organiza para quen quiera ir a aproveitalo o sábado 24 de marzo na Aldea Etnográfica de Carelle. Profesionais do Espazo Agroecolóxico “A Estruga” serán @s responsables de impartilo nunha xornada completa.
Como vedes, o curso comeza ás 10:00 da mañá ata as 14:00 horas. E xa pola tarde, de 16:00 horas a 19:00.
Non ten custo, pero cómpre anotarse antes do 21 de marzo se tedes interese en asistir. Ou ben chamando ao concello ao 982 500 001 ou ben mediante correo electrónico a administracion@muras.gal.