O sábado 15 de decembro e no noso Local Social, teredes unha xornada completiña, divertida e intensa -de 10:00 da mañá a 18:00 da tarde- para aproveitala ao máximo. Aprenderavos a facer varios entrantes, primeiros e segundos pratos e postres que sorprenderán seguro. Só hai 20 prazas!
O curso, organizado polo Concello de Muras e o espazo agroecolóxico A Estruga, impárteo a vivariense Inés López Pereiro, fundadora de SenSucre.
ÍDEVOS APUNTANDO! 😉