Chegan as “Bágoas de San Lorenzo”. Un espectaculo de estrelas fugaces, meteoros que entraN en contacto coa atmosfera xerando friccións e unha fermosa incandescencia. Como o máximo de actividad prodúcese entre o 10 e o 14 de agosto, que coincide coa festividade de San Lorenzo, de aí vénlles o nome.
Este ano o punto álxido para contemplalas producirase NA noite do 12 ao 13 de agosto (do venres ao sábado), momento de máxima actividade e cando poderemos chegar a ver máis de cincuenta estrelas fugaces cada hora baixo un ceo escuro e despexado. As cidades non son o mellor lugar para gozar deste espectáculo pola contaminación da luz artificial. Muras, como concello Starlight, é inmellorable.
Anotádevos a esta observación guiada pola Agrupación Astronómica Coruñesa íO, escaneando o Código QR ou chamando ao concello. Non vola perdades!