O Raid Gallaecia, unha cita especial para Muras

Concello de Muras | O Raid Gallaecia, unha cita especial para Muras |

En menos de tres meses comeza esta aventura de 500 quilómetros de percorrido que pasará por Muras o 12 de maio (disputarase do 10 ao 19 de maio). No noso concello xa gozamos con citas como  a ruta BTT Terra Chá, o Trail das Bestas… a implicación co deporte é moita, pero desta vez deuse un salto: a medida da importancia desta carreira está en que fica incluída nas AR World Series, que agrupa a boa parte das principais competicións de aventura do mundo, o cal colocará a Muras no mapa. Temos moitas potencialidades e esta é unha delas.

O Raid Gallaecia reúne trekking, bicicleta de montaña, kaiak, rápel, espeleoloxía e orientación, autosuficiencia día e noite poñendo a proba resistencia de homes e mulleres que, a partir do  10 de maio ,terán nove días ata chegar á meta en Viveiro tras discorrer por toda a Mariña lucense, Muras e polo concello asturiano de Castropol. Xa está confirmada a participación de atletas de Estonia, Polonia, Francia, Holanda, Suíza, Uruguai e Brasil, ademais de equipos de diferentes puntos de España. 

A carreira foi presentada o pasado 19 de febreiro (as imaxes que aquí vedes) e está patrocinada polos concello de Muras e Viveiro (onde foi a presentación) e pola Mancomunidade de Municipios da Mariña, ademais de contar con colaboradores como a Deputación de Lugo e a Xunta e varias entidades privadas. Esta carreira será un espectáculo que non nos podemos perder!

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais