“O pozo das señoras”, volta o teatro

Concello de Muras | “O pozo das señoras”, volta o teatro |

Este sábado 22 de agosto ás 19:00, achegádevos ata a Praza de Vilalba, no lugar do vello lavadoiro de Muras hoxe restaurado, para unha tarde diferente.

Alí estarán Rilo & Penadique, unha compañía de recente creación que une os talentos de Vero Rilo e Sonsoles Penadique. Fusionan o mundo da palabra e a música dando lugar a fermoso espectáculos de narración oral para familias moi entretidos. Neste caso o lavadoiro será o eixo de historias protagonizadas por mulleres e fiadas por pequenas correntes de emocións, cunha incrible capacidade de narrar e sutileza musical. Vinde!

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais
| facebook | vimeo
| youtube

Suscríbete