Un total de 31 queixerías que achegaron 66 mostras, e 28 produtores de mel, con 58 mostras, participaron este ano na XXVIII Cata dos Queixos e a XXIV Cata do Mel de Galicia. Estiveron representados, por exemplo, produtos de coñecidas denominacións de orixe como San Simón da Costa, Arzúa-Ulloa, Queixo Teto e Cebreiro; da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia; de Agricultura Ecolóxica e de Artesanía Alimentaria. A calidade queda fóra de dúbida.
O 2 de decembro déronse a coñecer os gañadores en cadansúa categoría. E entre eles estivo Javier Vázquez Picos, APICULTOR MURENSE produtor do excelente Mel Vituco, que levou dúas pratas: na categoría Mel Multifloral e na categoría de produtos co selo Artesanía Alimentaria. En 2022 2 2024, o produtor do Vivieró tamén era premiado no certame “Meles V Estrelas” que organiza a Asociación Galega de Apicultura – “AGA”.
O acto de entra destes premios celebrouse na Quinta da Auga, en Santiago de Compostela, onde asistiron a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte.
Parabéns!! Deixamos abaixo a lista dos gañadores.
