O Concello de Muras recolle un dos Premios Galicia á Xestión Deportiva

Concello de Muras | O Concello de Muras recolle un dos Premios Galicia á Xestión Deportiva |

O recoñecemento -na categoría “Xestión sostible no deporte” -dáse polo traballo feito no Trail das Bestas que comezou a organizarse no ano 2017. Así o decidiron os 12 membros do xurado (na imaxe), reunidos o xoves 21 de novembro ás 21:00. Muras recollerá o premio nunha gala que celebrarase o 13 de decembro a partir das 20:00 no Pazo da Cultura de Carballo (A Coruña).

Os XV Premios Galicia á Xestión Deportiva son convocados por AGAXEDE (Asociación Galega de Xestión Deportiva) e na edición deste 2024 decidiron darllos ás seguintes persoas e entidades:

▪ Miguel Lozano Garrido (Fundador e CEO da empresa BZ55)

▪ Clube Rugby Fendetestas

▪ Concello de Ribadeo

▪ Concello de Ames

▪ Distrito Estudo

▪ Federación Galega de Pádel

▪ Joan Celma Giménez (Presidente do Observatorio Internacional do Deporte)

▪ Fundación Luis Calvo Sanz

▪ Escola de Tempo Libre e Animación Sociocultural Don Bosco (Proxecto TUXELEIRES Rugby)

 ▪ BKC Coruña

▪ Xornal dixital 21 Noticias

Ademais de felicitar a todas e todos os premiados queremos agradecer aos membros do xurado o recoñecemento a este esforzo colectivo, do que estamos moi contentos. E tamén deixar constancia do traballo feito pola xente que participou na súa posta en marcha como os anteriores tenentes de alcalde Belén Chao e Mario Rouco, e por todas as persoas que están detrás da organización para que saia o mellor posible cada ano.

O Trail das Bestas consolidouse como unha cita moi importante neste eido. De feito, o pasado 7 de xullo -que foi cando realizouse a sétima edición- esta proba de montaña no Xistral xa pasou a formar parte do Campionato Galego de Maratón coa participación de máis de 300 deportistas. Grazas a todos!

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais