O bispo de Mondoñedo-Ferrol visita Muras

Concello de Muras | O bispo de Mondoñedo-Ferrol visita Muras |

A Diócese Mondoñedo-Ferrol informa dunha visita a Muras, parte do arciprestado de Terra Chá. O bispo de Mondoñedo-Ferrol, Fernando García Cadiñanos, comezará a xornada o SÁBADO 2 DE MAIO ás 11.30 h. na Igrexa Parroquial do Burgo para presidir posteriormente, ás 12.00, unha Misa Solemne na Igrexa Parroquial de San Pedro de Muras. Tras dun diálogo na igrexa, farase unha visita ao cemiterio e ao concello.

A comezos da tarde, ás 16.00 h, monseñor García Cadiñanos achegarase a falar coa persoa máis anciá de Muras, despois está programada ás 17.00 h a visita para coñecer unha explotación agropecuaria cabalar no Viveiró, seguida doutra á igrexa e unha oración no cemiterio parroquial.

Esta xornada para coñecer a realidade local rematará ás 19.00 na Igrexa San Xiao de Irixioa.

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais