O Alcalde de Muras, Manuel Requeijo, reivindicou esta mañá ante o Delegado da Xunta o abandono da consellería do Medio Rural ante a problemática dos ataques de lobo na comarca, repetidos ano tras ano. Aquí deixamos o audio coa petición.
A semana pasada a Xunta de Galicia recoñeceu como Festa de Interese Turístico Galego a Feira do Poldro de Muras. E na rolda de prensa conxunta para anunciar o recoñecemento, o rexedor aproveitou para demandar o apoio do goberno autonómico ante o desamparo ao que están sometidas as ganderías da zona polos numerosos ataques do lobo. Manuel Requeijo referiuse tamén á falta de medidas eficaces para loitar contra o despoboamento no rural. E lembrou que xa se lle fixeran estas demanda á conselleira, pero “seguimos sen ver unha saída a este problema”. “A Feira da Poldro, se non ten animais, non ten razón de ser”.