O alcalde pide máis protección aos gandeiros polos ataques do lobo

Concello de Muras | O alcalde pide máis protección aos gandeiros polos ataques do lobo |

O Alcalde de Muras, Manuel Requeijo, reivindicou esta mañá ante o Delegado da Xunta o abandono da consellería do Medio Rural ante a problemática dos ataques de lobo na comarca, repetidos ano tras ano. Aquí deixamos o audio coa petición.

A semana pasada a Xunta de Galicia recoñeceu como Festa de Interese Turístico Galego a Feira do Poldro de Muras. E na rolda de prensa conxunta para anunciar o recoñecemento, o rexedor aproveitou para demandar o apoio do goberno autonómico ante o desamparo ao que están sometidas as ganderías da zona polos numerosos ataques do lobo. Manuel Requeijo referiuse tamén á falta de medidas eficaces para loitar contra o despoboamento no rural. E lembrou que xa se lle fixeran estas demanda á conselleira, pero “seguimos sen ver unha saída a este problema”. “A Feira da Poldro, se non ten animais, non ten razón de ser”.

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais
| facebook | vimeo
| youtube

Suscríbete