Xa están instalados no patio do CEIP Antía Cal sillas e bancos, solos dameiros e areeiros, subvencionados tras a sinatura do convenio de Cooperación entre a DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO (Vicepresidencia – Medio Rural) e o CONCELLO DE MURAS.
A Deputación achegou 18.218,88 €, con cargo ao Orzamento Xeral do exercicio 2020, e o Concello de Muras 981,12 € como contribución ao fin común. Lembramos que son competencias propias do Municipio a promoción do deporte e instalacións e a conservación, mantemento e vixiancia dos edificios de titularidade local destinados a centros públicos de educación infantil, primaria ou especial.
Estamos seguros de que desfrutarán destes seus novos espazos de risas e interacción, para eles son! 🙂