Novo obradoiro de fotografía

Concello de Muras | Novo obradoiro de fotografía |

Seguimos aproveitando o bo oficio de Mikel Díaz (para reservar unha praza, no seu número 698 165665) e Marcos López. Desta vez organizan un obradoiro básico para o sábado 4 de maio: saber cómo usar ben a nosa cámara, que é o ISO, o tempo de exposición… Tamén falarase de como e cando utilizar o trípode, de que ter en conta antes de facer click e de como mellorar os resultados das nosas imaxes. Hai 30 prazas e custa 16 euros.

Coma vén sendo norma comeza ás 20:00 nun sitio que irase determinando. A clase teórica dura atas as 22:00 e despois hai cea nun restaurante do concello (vai aparte no prezo). De 23:00 a 2:00 son as prácticas e de aí en diante o que o corpo aguante!

No caso de que o tempo complique a cousas, posporase a outra noite mellor. Esperemos que non 🙂

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais