Temos para facelo contedores en Muras (á beira das vivendas sociais) e na Praza de O Viveiró. Ademais dispoñemos no concello de embudos para adaptar ás botellas de plástico e facilitar a reciclaxe (como veredes na foto ao final do texto) e que podedes recoller de maneira gratuíta @s veciñ@s cando queirades, dentro do horario de atención habitual.
Tedes TODO EXPLICADO NESTE CARTAZ, contamos con vós e a vosa achega! O aceite da nosa cociña terá a mellor das saídas e evitamos andar a tiralo por calquera sitio 😉