O pasado 1 de xaneiro entraba en vigor esta normativa actualizada que regula o funcionamento de todos os cemiterios parroquiais da diócese á que pertence Muras.
Lembramos que este regulamento atinxe por tanto aos cemiterios das parroquias e non aos municipais, que son responsabilidade dos concellos. A administración do cemiterio parroquial corresponde ao párroco e o dereito de uso de parcelas e das sepulturas pode transmitirse por herdanza. Polo demais, os titulares de concesións teñen, entre outras, as seguintes obrigas:
a) Conservar o título expedido.
b) Conservar en condicións de seguridade, ornato e limpeza a súa sepultura, parcela ou unidade do columbario.
c) Non facer obras sen os debidos permisos.
Enlazamos á web da Diócese e adxuntamos o documento asinado polo bispo de Mondoñedo-Ferrol para a vosa consulta.