Comezamos as actividades deportivas
Xa temos o calendario organizado dende este luns 16 xaneiro ata o 16 de xuño. Todas as actividades serán de tarde agás a Ximnasia de Mantemento, son de balde e nas instalacións do Local Social. Non desaproveitedes a oportunidade! de seguro que o voso corpo e a vosa mente agradecerávolo pasando, por riba, un bo […]
Ioga - pilates - ximnasia
GRAN CEA BAILE!
Non vola perdades! Será o sábado 21 de xaneiro no Local Social e comezará ás 21:30 da noite. Organizado pola ANPA do noso colexi e a Asociación de Amigos dos Cabalos “Atila” por 25 euros/persoa teredes un menú para quecer ben o corpo: sopa de cocido, cocido, empanada e postre con café e chupito. Os […]
Separemos ben, reciclaremos mellor
Queremos achegar a importancia que ten que veciños e veciñas vos impliquedes coa recollida selectiva. Por iso, o luns 2 de xaneiro de 11:00 a 14:00 haberá unha carpa informativa de 3x3m enriba do Centro Social. Alí teredes canta información precisedes sobre a campaña “Oportunidades Galicia – Separemos ben, reciclaremos mellor” (cartaz-reciclaxe) promovida pola Consellería […]
medio ambinete - reciclaxe
Horario de Nadal
Informámosvos de que tanto este sábado 24 de decembro como o que vén, día 31, as oficinas do Concello estarán pechadas polas celebracións de Nadal. E por suposto, de todo corazón Felices Festas e un 2017 con saúde para compartir en boa compañía. Os nosos mellores desexos para tod@s! 😀
Visítanos o afiador Rodesindo
Da man de Volta e Dalle Teatro chega canda nós Rodesindo da Barrosa, un afiador que en pleno século XXI percorre os camiños galegos e do mundo acompañado da súa roda e axudado polo seu chifre de buxo. Rodesindo arranxa todo tipo de aparellos, pero tamén ten un apartado de I+ D no que deseña […]
Muras - teatro
Programa do Imserso de termalismo social
Pasamos información sobre esta interesante oferta para as persoas maiores de 65 anos. Hai dúas quendas, unha de febreiro ata agosto de 2017 pero cuxo prazo de inscripción remata o 13 de xaneiro. A segunda quenda é de setembro a decembro e o prazo de inscripción remata o 12 de maio. Toda a información, a […]
Muras - termalismo
Chega o 4G a Muras
Muras conta cun nodo 4G na banda de 800 MHz, o que permite conexións móbiles de moi alta velocidade e mellorar a cobertura no interior dos edificios nas zonas rurais como a nosa. Este servizo utiliza a frecuencia 800 MHz que antes utilizaba a televisión dixital terrestre (TDT), polo que podería ocorrer que o sinal […]
4G - internet - móbil
Axudas a estudantes
Adxuntamos en PDF as bases de axudas do Concello de Muras para: a) Compra de libros e material didáctico complementario para alumnos/as de educación infantil, primaria e secundaria; b) Desprazamento aos/ás alumnos/as que cursen estudos de bacharelato e formación profesional fora do termo municipal do Concello de Muras; e c) Compra de libros e material […]
axudas - ensino - Muras
Charla sobre a muller como coidadora
Xunto co Observatorio da Mariña pola Igualdade e dentro do ciclo “Falemos de… ” organizamos unha charla- café na que se tratará este rol este sábado 3 de decembro ás 16:30 horas no Local Social de Muras. Con nós estará a psicóloga Juana Blanco, que traballa en Intervención Psicolóxica no Centro de Día A Concordia, […]