Chegan as “Bágoas de San Lorenzo”. Un espectaculo de estrelas fugaces, meteoros que entraN en contacto coa atmosfera xerando friccións e unha fermosa incandescencia. Como o máximo de actividad prodúcese entre o 10 e o 14 de agosto, que coincide coa festividade de San Lorenzo, de aí vénlles o nome. Este ano o punto álxido […]
Temos este sábado 6 de agosto de volta este divertido e interesante obradoiro creado para rapazas e rapaces de 8 a 14 anos. Programacións de robots LEGO, esferas intelixentes Sphero, drons SYMA, xogo de puntería Láser Tag … Da man do proxecto asociativo con sede en Ourense Jóvenes Científicos. Será no Local Social e Espacio […]
Xa está publicado o listado preliminar, e tamén aberto dende onte 28 de xullo o prazo de DEZ DÍAS HÁBILES PARA PRESENTAR ALEGACIÓNS, NO CASO DE ERROS, CAMBIO DE CONTA OU DENEGACIÓNS. AQUÍ TEDES O PDF COA LISTA : AS CONTIAS MAXIMAS E LIMITES X ANIMAIS 60,00 EUR POR VACA NODRIZA 12,00 EUR POR BECERRO […]
Na noite do 23 ao 24 de xullo volve atas Muras a observación astronómica para nen@s e pais con acampada incluída (non obrigatoria) e almorzo por xentileza da organización. No Viveiró, (camping de Caravanas).Programa:20:00 Inicio, asentando e distribuíndo o espazo de acampada.21:00 Charla sobre a contemplación dos ceos impartida por Paulino Gasalla, coordinador da sección […]
Vinde este luns 18 de xullo aos OBRADOIROS #EnredandoTourR que se fan coa Cruz Vermella e a empresa de telecomunicacións R Son para axudar a manexar mellor o móbil, o whatsapp, facer procuras en Internet e pedir cita para o médico, por exemplo. E máis cousas. Aproveitade para consultar dúbidas e aprender para sentirvos máis […]
Voltamos a ofrecelo en colaboración coa Casa do Mel Goente As Pontes. Será no Apiario de Carelle durante catro xornadas de fin de semana: 2, 3, 9 e 10 de xullo de 9:00 da mañá a 14:00. Instalacións, colmeas, bioloxía e saúde das abellas… é un curso moi completo. Contamos con vós.
Este sábado no murense Campo da Veiga ás 18:30 xogaráse a final da Copa Deputación. Os equipos que chegan a ela son AD Veteranos Friol e SG Comercial /T.Miki. Non faltedes para dar ambiente e animar!!
Ponse en marcha de novo este programa creado para que poidan convivir persoas maiores de 65 anos e menores de 16. Os contidos que se farán: accións lúdicas, cognitivas, físicas, lecer e tempo libre e educación para a igualdade. Entre Xullo e Setembro de 10:30 a 13:30, agás dende o 8 de Setembro que será […]
Aquí vos deixamos o CARTAZ con todas as actividades organizadas polo Concello para a fin de semana do 25 e 26 de xuño: Misa (a do domingo cantada por coral) e despois procesión con gaiteiros, sesión vermú, e para os cativos xogos, pintacaras, inchables e festa da escuma. Ás noites… gran verbena, música e ambientazo. […]