Este 16 de abril teremos un interesante obradoiro para saber cómo facer correctamente unha boa poda así como os mellores enxertos nas especies frondosas e o mellor momento para estes traballos. Garantiremos unha longa vida as máis fermosas das nosas nosas árbores.
árbores - Galicia - Muras - podaO sábado 30 de abril chega canda nós o grupo de teatro “Os quinquilláns” coa obra “O espantallo amigo”. Protagonizada por Lucho Penabade e Tero Rodríguez, esta adaptación do xenial Neira Vilas foi estreada en decembro 2015 e xa leva máis de 50 funcións por toda Galicia. Agora é quenda de Muras.
Galicia - Muras - teatroAquí vos deixamos a resolución 031/2016 xa coa lista de admitidos e admtidas pola convocatoria para a contratación en réxime laboral temporal a media xornada dunha traballadora ou traballador social: t social
emprego - Galicia - MurasAquí vos deixamos a resolución 029/2016 de admitidos e excluídos pola convocatoria para a contratación en réxime laboral temporal a media xornada dunha traballadora ou traballador social. https://muras.gal/wp-content/uploads/2016/04/T.-social.pdf
emprego - Galicia - MurasA Área de Cultura da Deputación tráenos o vindeiro 24 de abril, dentro dos actos de celebración do Ano Castelao, un espectáculo baseado en historias e contos inspirados nos textos e debuxos deste marabilloso intelectual que deixou unha pegada única. A cita: as 19.00 horas no noso Local Social. Non deixes pasar esta oportunidade!
Galicia - Muras - teatroComo xa estades comprobando, démoslle unha nova volta á imaxe de Muras na rede. Quixemos que fose sinxela para navegar nela, útil, que incluise toda a información que precisen veciñas, veciños e quen nos visite e, por suposto, bonita. Esperamos ter acertado.
Galicia - Muras - web