Os días 19 (á tarde) e 20 de novembro, na praza do Viveiró, temos esta importante cita , contamos con tod@s para apoiar a produción do noso mel. Este ano colabora a casa do Mel de Goente. Adxuntamos o programa para que vexades o que hai: música, degustacións, showcooking, obradoiros…. Vémonos!
gastronomía - mel - MurasChega o tempo delas e non podía faltar: organizamos para o domingo 6 de novembro no local social de 10h a 19h un Obradoiro Micolóxico. Para apuntarse: dende o 2 de novembro ata o 4 nas oficinas do Concello ou chamando ao 982 500001. Na saída xantaremos -se o tempo o permite- de xeito campestre. […]
micoloxía - Muras - setasInformamos da Resolución de 25 de xaneiro de 2016, pola que se aproba o Plan Marco do programa de mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias 2016, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemeno Rural (Feader), ao abeiro de PDR de Galicia 2014-2020. O concello de Muras recibirá 46.371,07 euros para estas tarefas.
camiños - Feader - MurasO Programa da Deputación de Lugo achega un monitor para animármonos a facer actividade física moderada, divertida e non competitiva. Será todos os luns de 17.00 a 18.30 na Escola de A Balsa e de 18.45 a 20.15 na de Silán. Levade roupa cómoda!
deporte - Muras - ocio - saúdeO Concello de Muras decidiu hoxe 10 de outubro amplíar o prazo para solicitar a Axuda por Gasto de Luz no fogar ata o día 28 deste mes de outubro: ampliacion-prazo-ordenanza-luz-2016
axudas - luz - MurasO sábado 15 de outubro no local social do Concello de 10 a 14 e de 16 a 19 impartirase este entretido e práctico obradoiro con 20 prazas por rigorosa orde de inscrición e dando prioridade @s empadronad@s no Concello de Muras. Podedes anotarvos dende o luns 10 ata o venres 14 nas oficinas do […]
gastronomía - Muras - obradoiroO Concello de Muras aprobou no orzamento de 2016 unha partida de 150.000 € de recursos propios para axudar ao pagamento da factura da luz a todos os veciños e veciñas empadroados no municipio. Deixamos para consulta e descarga tanto a Ordenanza-luz coma o Modelo de Solicitude para tod@s @s interesados.
luz - MurasAquí volas deixamos para a vosa consulta e descarga. Lembramos que @s comerciantes que queiran estar o día 25 no Monte da Gañidoira farán a inscrición no Concello de Muras en horario de oficina, de 8:30 a 14:30 horas.
feira - mercado - Muras - poldro