Concello de Muras | II Quedada BTT de Muras | II Quedada BTT de Muras

Imos pola segunda cita para os e as amantes das bicicletas de montaña! Tras o éxito do ano pasado volvemos a convocala: 30 quilómetros pola nosa preciosa contorna e coa implicación de Clube Ciclista Terra Chá ademais do noso concello. Hai un máximo de 75 prazas, non perdades o tempo!Anotarse á ruta custa 6 euros, […]

Concello de Muras | Prazo Axudas Luz | Prazo Axudas Luz

Ampríase o prazo para solicitar esta axuda ao pagamento da factura da luz a todos os veciños e veciñas empadroados no municipio ata o 11 de marzo inclusive. Pódense achegar tódalas facturas do ano 2018 ata o Concello.  

Concello de Muras | Proxección de “Tecido resistente” + Coloquio | Proxección de “Tecido resistente” + Coloquio

Co gallo do 8 de Marzo, Día Internacional as Mulleres, un día antes -o 7- proxectarase no Local Social ás 19:00 este documental feito pola xornalista Marina Chiavegatto sobre as traballadoras da antiga fábrica de tecidos de Présaras, mulleres que gozaron dunha independencia inusual no rural de principios do século XX e coas que puido […]

Concello de Muras | Licitación bar-restaurante “O Peregrino” | Licitación bar-restaurante “O Peregrino”

Adxuntamos o link coa Plataforma de Contratación do Sector Público onde ler os detalles da licitación deste bar de propiedade municipal. Un arrendamento por dez anos. O contrato adxudicarase por procedemento aberto, no que toda persoa interesada poderá presentar unha proposición. Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase […]

Concello de Muras | O Raid Gallaecia, unha cita especial para Muras | O Raid Gallaecia, unha cita especial para Muras

En menos de tres meses comeza esta aventura de 500 quilómetros de percorrido que pasará por Muras o 12 de maio (disputarase do 10 ao 19 de maio). No noso concello xa gozamos con citas como  a ruta BTT Terra Chá, o Trail das Bestas… a implicación co deporte é moita, pero desta vez deuse […]

Concello de Muras | Volta o Entroido! | Volta o Entroido!

A festa será o MARTES 5 de marzo  ? de 17:00 a 23:00 no Local Social. Haberá música ?, maxia, chocolate con churros☕, premios, ambientazo … e contamos cunha boa colleita de disfraces!! ??? Esperámosvos!

Concello de Muras | Axudas forestais | Axudas forestais

Convócaas a Axencia Galega da Industria Forestal para investimentos en tecnoloxías forestais, procesado, mobilización e comercialización de produtos forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader). Estas axudas poderán acumularse con calquera axuda estatal. A axuda máxima por solicitante limitarase a 150.000 euros. Aquí está o PDF con toda a información. ANUNCIO.PDF

Concello de Muras | Prazas termais Imserso | Prazas termais Imserso

Os veciños e veciñas do concello podedes xa pedir unha en diferentes balenarios de España con opcións de quendas de 10 días ou ou 12 días durante os meses que van de setembro a decembro de 2019. PRAZO SOLICITUDES: aberto ata o 17 de maio de 2019. Se queredes podédelo socicitar a través dos Servizos […]

Concello de Muras | Axudas rehabilitación vivendas + desbroces | Axudas rehabilitación vivendas + desbroces

Deixamos desta vez información sobre dous tipos de novas axudas. No caso das de rehabilitación o importe máximo do préstamo que poder ser obxecto de subsidiación será de 30.000 euros para os préstamos con garantía persoal e de 60.000 euros para os de garantía hipotecaria.  O PRAZO para pedilas remata o 15 de outubro de […]

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais