Concello de Muras | Novo obradoiro de fotografía | Novo obradoiro de fotografía

Seguimos aproveitando o bo oficio de Mikel Díaz (para reservar unha praza, no seu número 698 165665) e Marcos López. Desta vez organizan un obradoiro básico para o sábado 4 de maio: saber cómo usar ben a nosa cámara, que é o ISO, o tempo de exposición… Tamén falarase de como e cando utilizar o […]

Concello de Muras | Pleno Ordinario | Pleno Ordinario

Está convocado para este xoves 25 de abril ás 20:00 horas no Salón de Sesións. A orde do día inclúe: axudas para estudantes e pago de facturas luz 2019, ordenanza municipal reguladora da tenenza de animais potencialmente perigosos, elección de Xuiz de Paz, liquidación Orzamento de 2018, mocións e rogos e preguntas.

Concello de Muras | Programa Benestar 2019 | Programa Benestar 2019

A oferta para as gozar de tratamentos dentro do programa de talasoterapia da Consellería de Política Social inclúe 62 prazas para persoas maiores de 60 anos ou 55. Son estadías de 6 días a desenvolver durante o mes maio e novembro de 2019. Ata o 2 de maio podedes pedir unha praza premendo neste link. […]

Concello de Muras | Xuntanza autocaravanas | Xuntanza autocaravanas

Faise coincidindo co paso do raid Gallaecia, que inclué actividades por todos os lugares polos que pasa, Muras entre eles. Así que en O Viveiró, na nosa área de autocaravanas e coa colaboración do Concello, o sábado 11 de maio e o domingo 12 haberá unha concentración de autocaravanas, co concerto do grupo “Mi rollo […]

Concello de Muras | Plan Renove Maquinaria Agrícola 2019 | Plan Renove Maquinaria Agrícola 2019

MAQUINARIA SUBVENCIONABLE: a) Tractores. b) Máquinas automotrices: de recolección, de aplicación de productos fitosanitarios e fertilizantes, excluídas cisternas de purín. c) Máquinas arrastradas ou suspendidas: sembradora directa, aboadora, equipos de aplicación de productos fitosanitarios, cisternas de purín con sistemas de localización de producto no solo, rellas e discos, tubos flexibles (mangueiras) ou ríxidos así como […]

Concello de Muras | Declaración Festa de Interese | Declaración Festa de Interese

Ao final destas liñas tedes o documento oficial do Consello da Xunta coa declaración da nosa Feira do Poldro e do Gando de Monte como de Interese Turístico de Galicia, do cal podemos parabenizarnos. A Declaración foi feita o 28 de marzo e o rexistro de entrada no concello foi o venres 12 de abril. […]

Concello de Muras | Maratón de Tute! | Maratón de Tute!

Ide preparando esas barallas para o “tute” deste 20 de abril. Tedes ata o 18 para apuntarvos. Hai dous prezos: para os socios de Atila Cabaleiros Muras e os que non, con cea incluída ???, e os prezos van dos 20 aos 25 euros. ? Chamade ao 667 609990 para reservar e a pasalo ben!! […]

Concello de Muras | Muras concilia | Muras concilia

Pensando nos días de Semana Santa o concello preparou un campamento gratuíto para rapazes e rapazas desde os 3 ata 12 anos, e axudar coa conciliación e a loxística na casa. Será no Local Social, tedes toda a información no cartaz. HORARIOS: de 10:00 a 13:00 Teléfono para reservar e informarse: 982 500001

Concello de Muras | Novas axudas | Novas axudas

PAGAMENTO ÚNICO POR FILL@S MENORES DE TRES ANOS: nados entre o 1.1.2016 e o 31.12.2017 e que durante 2017, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF. a) Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.b) Cando sexa a segunda filla ou fillo: […]

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais