Concello de Muras | Clases de apoio para rapaces e rapazas | Clases de apoio para rapaces e rapazas

O concello ten previsto ofertalas de xeito gratuíto para nen@s e adolescentes que cursen tanto Primaria como Secundaria, e para axudalles con tódalas asignaturas e materias que precisen. Se tes interese en que o teu fillo ou filla poda aproveitalas, chama ás oficinas do Concello ao teléfono 982 500001. Así poderemos organizalas.

Concello de Muras | Xornada riscos laborais no sector primario | Xornada riscos laborais no sector primario

? Esta sábado 30 de novembro temos unha XORNADA GRATUÍTA ? ?? coa colaboración do Taprega. Falarase da LEI PRL, obrigas e responsabilidades legais establecidas ademais da Inspección de traballo / ISSGA: criterios e sancións interpostas por neglixencias. Tamén de como evitar os accidentes de traballo e as enfermidades profesionais propias do sector gandeiro/agrícola. No […]

Concello de Muras | Saída micolóxica e máis cousas da V Feira do Mel | Saída micolóxica e máis cousas da V Feira do Mel

Explicamos polo miúdo parte da oferta desta fin de semana: Saída micolóxica do sábado 16. Sairemos ás 9:00 h do Bar a Volta. Para ir hai que apuntarse, gratuitamente, no Concello. Tedes ata este venres ás 14:30 para facelo.  Ben presencialmente ben chamando por teléfono. A saída estará guiada por José Manuel Castro Marcote, considerado […]

Concello de Muras | Abre o prazo para pedir indemnizacións por sacrificio de gando | Abre o prazo para pedir indemnizacións por sacrificio de gando

Neste link tedes todo para solicitar estas indemnizacións para compensar parte dos danos ocasionados por cumprir os programas oficiais de loita, control e erradicación de enfermidades animais. PRAZO PARA PEDILAS: ATA O 29 DE NOVEMBRO DESTE 2019 A orde publicada o 24 de outubro establece a segunda convocatoria do ano 2019 para estas axudas. Casos […]

Concello de Muras | Programa V Feira do Mel | Programa V Feira do Mel

Xa temos cartaz e programación da quinta edición dunha cita tan importante para o noso concello. Reservade oco na vosa axenda a fin de semana do 16 e 17 de novembro, hai de todo: concursos, música, degustacións, obradoiros, artesanía e ata excursión micolóxica 🙂

Concello de Muras | Fotos de Samaín! | Fotos de Samaín!

Este xoves 31 de outubro, imos facer unhas fotos divertidas de recordo e en grupo para celebrar o Samaín xunto co fotógrafo Marcos López, o que está canda nós nas citas de astrofotografía e que moitas veciñas e veciños xa coñecen. Se queredes apuntarvos, tomade nota: quedamos na Ponte Bermuz -recén estrenada- ás 22:30 deste […]

Concello de Muras | Voluntari@s para o Trail! | Voluntari@s para o Trail!

Como ben sabedes, o 3 de novembro celébrase o III Trail das Bestas, a proba deportiva máis grande que temos en Muras da que tedes toda a información premendo no link. Esperamos moitos visitantes ao noso Concello que virán a coñecérmonos e, por iso, gustaríanos a implicación de todo aquel e aquela que esté interesado […]

Concello de Muras | Volta o teatro | Volta o teatro

Este sábado 19 de outubro tedes sitio reservado para disfrutar do excelente traballo do Grupo de Teatro afeccionado da Biblioteca Municipal de Antas de Ulla. Dentro do Programa Buxiganga 2019 da Deputación de Lugo, a cita será ás 19:00 no Local Social de Muras. Vémonos!

Concello de Muras | Comezan as actividades! | Comezan as actividades!

A vindeira semana o Concello de Muras ofrece xa actividades de manualidades, entrenamento funcional-pilates, e pandeireta e baile galego. Esperamos que en xaneiro comece zumba e existe a posibilidade de poder impartir obradoiros de memoria e teatro se hai suficiente interese neles. Tamén podedes propoñer algunha actividade máis! Podedes irvos apuntando chamando ao 982 500 […]

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais