Concello de Muras | Acta da sesión ordinaria da Xunta de Portavoces do 27 de abril de 2020 | Acta da sesión ordinaria da Xunta de Portavoces do 27 de abril de 2020

Dado que Pleno Ordinario non se pode celebrar polas circunstancias actuais do Estado de Alarma e porque telematicamente non é viable, fíxose esta posta en común de actuacións. Deixamos aquí o PDF para descarga e lectura de veciñas e veciños do alí falado.

Concello de Muras | Estado de alarma, paseos cos cativos | Estado de alarma, paseos cos cativos

Compartimos este link ao BOE do sábado de 25 de abril que fai especifica as novidades nos permisos cos desplazamentos e varias indicacións. Dende onte domingo 26 de abril, como sabedes, rapaces e rapazas e menores de 14 anos poderán saír co pai ou nai a pasear unha hora ao día. Destacamos este fragmento ?

Concello de Muras | Axuda coa inscrición no programa de Garantía Xuvenil durante a Covid-19 | Axuda coa inscrición no programa de Garantía Xuvenil durante a Covid-19

Esta iniciativa europea facilita a moz@s entre 16 e 29 anos que poidan recibir unha oferta de emprego, educación continua ou acceder un período de prácticas tras acabar a educación formal ou quedar sen traballo. A QUEN VAI DIRIXIDO? A mozos/as en procura de emprego que non se atopen en situación de estudar ou formarse, […]

Concello de Muras | Solicitude á Consellería de Sanidade | Solicitude á Consellería de Sanidade

En vista da medida adoptada polo Estado de repartir mascarillas entre as traballadoras e traballadores que desde onte usan o transporte público para acudir aos seus postos,  o Concello de  Muras remitíulle unha solicitude á consellaría de Sanidade e á Dirección Xeral de Administración Local para que sexa a Xunta quen artelle o sistema de distribución dese […]

Concello de Muras | Nota aclaratoria máscaras | Nota aclaratoria máscaras

O Concello de #Muras, achega esta nota? en contestación aos escritos do Partido Popular de Galicia. Este é o link de Vicepresidencia da #Xunta citado no texto ➡ https://n9.cl/cs0v

Concello de Muras | Un aniversario especial para @s rapaces | Un aniversario especial para @s rapaces

Se o teu fillo ou filla celebra o aniversario nestes días de corentena imos axudar entre todos a que sexa irrepetible, malia a excepcionalidade dunhas xornadas que, con todo, pasarán. Avisade ao Concello con tempo e poderemos contar co equipo de Protección Civil de As Pontes para felicitalos. Non o esquecerán! 🙂

Concello de Muras | Axuda coa escola e cativ@s | Axuda coa escola e cativ@s

1. O Concello de Muras pon en marcha un servizo gratuito de impresión e entrega a domicilio deberes, apuntes e traballos escolares, para que o confinamento afecte o menos posible á docencia na casa. Quen precise facer uso del debe enviar a documentación para imprimir a servizosxerais@muras.gal e indicar o nome e a dirección do […]

Concello de Muras | Como solicitar moratoria no pago de cotas hipotecarias | Como solicitar moratoria no pago de cotas hipotecarias

O Real Decreto-lei 8/2020 do 17 de marzo, de medidas urxentes para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19, regula nos artigos 7 a 16 unha moratoria da débeda hipotecaria da vivenda habitual a quen padece extraordinarias dificultades para atender ao pago. Entre a documentación necesaria para acreditar ante a entidade bancaria está o […]

Concello de Muras | Servizos mínimos Concello | Servizos mínimos Concello

Deixamos aquí a resolución que regula a prestación dos servizos dos empregados públicos de Muras co obxectivo de mater o funcionamento dos servizos públicos que se consideran esenciais mentres dure o Estado de Alarma polo Covid-19.

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais