Concello de Muras | CHEGA A ROMAXE ARTESÁ DA CHAIRA | CHEGA A ROMAXE ARTESÁ DA CHAIRA

É a primeira, pero contamos con todos e todas para que sexa un éxito. Artesanía, obradoiros, música, boa gastronomía… non tedes excusa para faltar, ata haberá buses gratuítos dende Lugo, Viveiro e As Pontes nesta xornada de festa que recolle El Progreso. Descargade o programa premendo na nova: Programa

artesanía - festas - Galicia - Muras - romaría - Romaxe
Concello de Muras | ANUNCIO E BASES PARA A CONTRATACIÓN DUN/DUNHA TÉCNIC@ MEDIOAMBIENTAL | ANUNCIO E BASES PARA A CONTRATACIÓN DUN/DUNHA TÉCNIC@ MEDIOAMBIENTAL

Adxuntamos -ao premer na nova poderedes descargar os documentos- anuncio e bases da contratación temporal dun/dunha técnic@ medioambiental durante catro meses. As solicitudes están no concello. Hai de prazo cinco días hábis contando dende hoxe. ANUNCIO TECNICO BASES TECNICO

emprego - Galicia - medioambiente - Muras
Concello de Muras | ANUNCIO E BASES PARA A CONTRATACIÓN DE 2 AUX. ADMINISTRATIV@S | ANUNCIO E BASES PARA A CONTRATACIÓN DE 2 AUX. ADMINISTRATIV@S

Adxuntamos -ao premer na nova poderedes descargar os documentos- anuncio e bases da contratación temporal de 2 auxiliares administrativ@s durante catro meses. As solicitudes están no concello. Hai de prazo cinco días hábis contando dende hoxe.ANUNCIO AUXILIARES BASES AUXILIARES

emprego - Galicia - Muras
Concello de Muras | ANUNCIO E BASES PARA A CONTRATACIÓN DE 12 PEÓNS FORESTAIS | ANUNCIO E BASES PARA A CONTRATACIÓN DE 12 PEÓNS FORESTAIS

Adxuntamos -ao premer na nova poderedes descargar os documentos- anuncio e bases da contratación temporal de 12 peóns forestais para limpeza e mantemento. As solicitudes están no concello. Hai de prazo cinco días hábis contando dende hoxe. ANUNCIO PEONS BASES PEONS

emprego - forestal - Galicia - Muras
Concello de Muras | O Pleno infantil, nos medios | O Pleno infantil, nos medios

Como xa sabedes, o pasado 6 de maio os rapaces e rapazas do CEIP Antía Cal fixeron de concelleiros de Muras por un rato, visitaron o Concello e coñeceron a quen aquí traballa, unha iniciativa que recolleron El Progreso e La Voz de Galicia.

concello - Galicia - Muras
Concello de Muras | Desafío Volta Lugo, en Muras | Desafío Volta Lugo, en Muras

A primeira Volta Cicloturista por etapas de Galicia pasa por Muras. Dividida en 3 etapas o 20 de maio a primeira sae de Lugo cara Muras, o 21 os ciclistas saen de Muras cara Sarria, e o 22 de volta a Lugo. Non volo perdades e vide a animar ao pelotón! www.desafiovoltalugo.com

ciclismo - Galicia - Muras
Concello de Muras | Monólogo de Avelino González | Monólogo de Avelino González

O coñecido actor  da serie da TVG “Padre Casares” -agora o Raimundo de “Seis Hermanas”- estará canda nós presentando un monólogo baseado nos contos. “Gústanme moito. Gústanme as historias de soños cumpridos, de caña e coña, de paixón… Esa caste de historias fantásticas que nos poden pasar a calquera, vaia”.

Galicia - monólogo - Muras - teatro
Concello de Muras | Curso USC “Arqueoloxía, Castros e Comunidades Rurais” | Curso USC “Arqueoloxía, Castros e Comunidades Rurais”

Temos a ledicia de informar que a Universidade de Verán da USC escolleu Muras para facer este curso o 4 e 5 de xuño no Local Social, unha importante cita para interesad@s na cultura castrexa. Os veciñ@s que queirades ir de ouvintes -sen certificado- podédelo facer de xeito gratuíto. Premede na nova para o programa. […]

arqueoloxía - castrexo - castros - Galicia - Muras - USC
Concello de Muras | Proceso selectivo para contratar un/unha traballador/a social (e II) | Proceso selectivo para contratar un/unha traballador/a social (e II)

Unha vez rematadas as probas o Tribunal procedeu a cualificación definitiva. Adxuntamos en PDF o resultado final que poderedes ver ao pichar na nova. Resultado final

emprego - Galicia - Muras
O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais
| facebook | vimeo
| youtube

Suscríbete