Podedes facelo ata o dia 13 de novembro SE REÚNES OS REQUISITOS, SÓ TES QUE ACHEGARTE ÁS OFICINAS DO CONCELLO CO DNI ORIXINAL E XA NOS ENCARGAMOS DE REALIZAR OS TRÁMITES NECESARIOS. É MOI SINXELO!
Este sábado 7 de novembro volve a coñecida actriz galega Isabel Risco ata o noso concello coa súa hilarante personaxe, Nabiza Girl, unha heroína rural coma non hai outra. Estará ás 18: 00 na Casa do Médico onde poderán asistir a vela 20 persoas, seguindo as recomendacións de aforo do 50% para as actividades culturais […]
Malia que este ano non poderemos celebrar a nosa Feira do Mel por razóns que todos coñecedes, sí que organizaremos a IV Cata do Mel para darlle continuidade. Será o sábado 14 de novembro e sempre seguindo todos protocolos sanitarios Covid-19. Nela poden participar todos os apicultores que teñan explotacións apícolas no concello de Muras. […]
Comeza a finais de mes un curso para desempregados de longa duración e maiores de 45 anos organizado por NOA INNOVA. Financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta é conline sobre Ofimática na nube con Google Drive. Ademais inclúe un pequeno módulo de traballo en equipo e unha orientadora laboral que apoiará durante […]
O Concello de Muras vén de firmar un convenio de colaboración con Koopera Servizos Ambientais e Cáritas diocesana de Mondoñedo-Ferrol para poder facelo. O colector vaise colocar mañá ao lado do Centro de Saúde para que veciñas e veciños que así o desexen depositen a roupa que non usen, no canto de tirala ao lixo […]
A alquimia de Mago Teto e o obradoiro de Pedro Bugarín na Casa do Médico este sábado e domingo!! Non volos perdades! Héctor Guerra (Mago Teto) é un dos magos máis veteranos e relevantes a pesar da súa xuventude. Habitual na televisión goza de gran popularidade e traballa tanto espectáculos de rúa (como O Afiador), gran […]
A Asociación Galega da Froita Autóctona organiza esta actividade cun total de 16 horas de teoría e práctica repartidas en 4 días: venres e sábados na Casa do Médico. Hai 10 prazas. Gratuíto para desempregados e empadroados, para o resto custa 25 euros. TEDES ATA O XOVES 15 PARA ANOTARVOS chamando ao concello (982 500001)
Aquí deixamos o ENLACE + o PDF co BOP de Lugo do venres 2 de outubro para que vexades beneficiarios, procedementos, cantidades… Contía máxima:Para libros, material complementario, transporte e aloxamento econexión a internet, en función das etapas educativas:• Segundo ciclo de educación infantil ( 3 a 5 anos) : Ata 50 €• Educación primaria (do […]
O PLADIGA define como ÉPOCA DE PERIGO ALTO os meses de xullo, agosto e setembro, máis un período adicional de aproximadamente un mes en función das condicións. Fóra da época de máximo perigo de incendios, para realizar traballos en terreos agrícolas e forestais nos que sexa imprescindible facer uso do lume, será obrigatorio dispoñer destas […]