Os xaponeses teñen un concepto para definir a satisfacción vital: ikigai,”o sentido da vida” ou “aquilo para o que fomos chamados”. Pero conflitos e dificultades son parte da vida. Sempre depende do que facemos con eles e como os resolvemos para que cada momento se converta nunha agradable aventura. Que che impulsa a seguir? Que fai que esperte o teu sorriso? […]
Desta vez farase en Muras, na Casa do Médico, e hai 15 prazas. Tedes para apuntarvos ata este xoves 5 de agosto. Inscricións: chamando ao concello 982 500012 ou no 661 003616. Serán 4 xornadas de mañá e de tarde onde falarase dende como instalar un apiario ata a sáude das abellas e bioloxía. Feito […]
Con acampada incluída (non obrigatoria) e almorzo por parte do concello, quen se pode resistir a este plan nunha noite de verán. Coa implicación do experto fotógrafo Marcos Alonso, e organizado coa Sección de Astronomía da Sociedade Galega de Historia Natural. Non volo perdades!
Achegádevos este DOMINGO 1 DE AGOSTO ás 5 da tarde á Área Recreativa da Veiga. Visítanos unha compañía de Narón que é unha referencia para o público familiar. Montse Piñón e Pepablo Patinho teñen un humor incomparable. Que se traeran entre mans coa máquina do tempo? Un xeito divertido de contar o a historia das […]
O programa, que ofrece prezos moi atrativos para procurar un envellecemento activo e saudable, inclúe estadías nos tres tres balnearios da provincia de Lugo (BALNEARIO Y TERMAS DE LUGO, HOTEL BALNEARIO AUGAS SANTAS, E BALNEARIO DE RIO PAMBRE). Remata o 30 de xuño de 2022 ou ben cando se esgoten as prazas dispoñibles.
Vinde este sábado 17 á Área da Veiga a pasar unha mañá estupenda con Ian e Elisa. Cun xogo pensado para nenos de 4 a 12 e do que deixamos unhas pistas para que vaian facendo, a mañá vai pasar voando. Contamos con vos!
Podedes facer a presentación de solicitude de praza no Punto de Atención á Infancia para o curso 2021-2022. Lembramos que ten un número de prazas reducido e que traballan cunha metodoloxía de calidade por proxectos. Aquí está o IMPRESO DE SOLICITUDE: PRAZO DE PRESENTACIÓN: ATA O 15 DE XULLO DE 2021.LUGAR DE PRESENTACIÓN: No rexistro do Concello nas […]
Este sábado 26 de xuño volve a festa a Muras. Malia que coa precaución debida a alegría recupérase día a día e o Concello quere seguir coa tradición desta festa tan nosa. Aquí tedes o cartaz co que hai preparado dende as 12 da mañá, con pasarrúas do grupo tradicional compostelán Carapaus, ata os concertos […]
Coa mellora da situación sanitaria voltamos a disfrutar dos nosos ceos en familia! No CAMPING de CARAVANAS de Muras-O Viveiró e xunto coa sección de Astronomía da SGHN e máis a Asociación Fotografía Ferrolterra. Será na noite: do 3 ao 4 de xullo. Charlas, ceas e almorzos. Quen non queira, non ten porqué acampar. Hai […]