AXUDAS Á PRIMEIRA FORESTACIÓN DE TERRAS NON AGRÍCOLAS. Aqueles particulares que queiran solicitala teñen que ter, previamente, a finca adherida aso modelos silvícolas a través do Procedemento MR627D, e en función da plantación, cumprir coas boas prácticas forestais. EXCLUIDOS os terreos en que existise arboredo nos últimos cinco anos, ou que teñan fracción de cabida cuberta igual ou superior ao 20 %. SI QUE PODERÁN SOLICITAR A AXUDA: Superficies ocupadas por eucalipto (Eucalyptus sp.) por acacia negra (Acacia melanoxylon), mimosa (Acacia dealbata) e/ou falsa acacia (Robinia pseudoacacia).
INFORMACIÓN: CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL. Servizo de Montes de Lugo. Tlf 982 29 45 31
PRAZO PARA PEDILA: ATA O 20/01/2023. Achegamos o modelo DE ADHESIÓN A BOAS PRÁCTICAS.
PRIMA DE SISTEMAS AGROFORESTAIS. As primas de mantemento destinaranse ao coidado, mantemento, enerxía, no caso de ser necesaria, e demais traballos posteriores á plantación subvencionada, que son necesarios para o logro da plantación realizada. As anualidades polas que se concederán estas primas serán para os anos 2023, 2024 e 2025, respectivamente.
O valor máximo por hectárea de actuación que se aplicará é o seguinte:
100 plantas/ha (10×10) plantacións de planta enxertada: 400 euros por hectárea
69 plantas/ha (12×12) plantacións de planta enxertada: 350 euros por hectárea.
50 plantas/ha (14×14) plantacións de planta enxertada: 300 euros por hectárea.
PRAZO PARA PEDILA: ATA O 13/01/2023
INFORMACIÓN: CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL. Servizo de Montes de Lugo. Tlf 982 29 45 31