Novas axudas e subvencións de interese

Concello de Muras | Novas axudas e subvencións de interese |

Informámosvos destas que coidamos de interese para a veciñanza. Imos unha por unha.

  1. Hainas para MERCAR VIVENDA para persoas mozas de menos de 36 anos en concellos de menos de 10.000 habitantes. O PRAZO PARA PEDILA PECHA O 30/09/2022. A contía da axuda será de ata 10.800,00 € por vivenda, co límite do 20 % do prezo.

2. Hai outra liña de axudas de compensación por destrución de planta afectada por praga de corentena. O PRAZO PARA PEDILA REMATA O 14/11/2022.

3.E por último destacamos estoutra axuda: indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas de vixiancia, loita, control e erradicación de enfermidades. O PRAZO PARA PEDILA REMATA O 30/11/2022.

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais