Aberta unha liña de axudas ás explotacións gandeiras pertencentes á Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega. Para compensar parcialmente os sobrecustos de produción. Premendo aquí ides ao enlace para presentar o procedemento.
PRAZO DE PRESENTACIÓN: ata o 05/02/2024
E despois este é o enlace para ir ao procedemento da outra axuda publicada no DOG: 30 millóns de euros para investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios. Para a creación, ampliación e modernización de instalacións destinadas á transformación e comercialización. Tanto para a execución dos proxectos como garantías para préstamos.
PRAZO DE PRESENTACIÓN : ata o 29/03/2024
Posibles beneficiarios neste caso: empresarios individuais ou sociedades que realicen a construción, adquisición e mellora de inmobles, así como compra de terreos ata un valor inferior ao 10% do total dos gastos subvencionables. Tamén cubrirase a compra de maquinaria e equipamentos novos, a adquisición de programas informáticos e de patentes ou licenzas.