Novas axudas

Concello de Muras | Novas axudas |

PAGAMENTO ÚNICO POR FILL@S MENORES DE TRES ANOS: nados entre o 1.1.2016 e o 31.12.2017 e que durante 2017, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF.

a) Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.
b) Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.
c) Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.

PRAZO: ATA 28/05/2019.

FOMENTO DO ASOCIACIONISMO DAS MULLERES: as asociacións deben ter domicilio social en Galicia e presentada a memoria de actividades. Este último requisito non será exixido para as de recente creación (a partir do 31 de decembro de 2016). Os fins das asociacións e das federacións solicitantes debe ser a promover a igualdade entre homes e mulleres e potenciar a participación das mulleres na vida política, económica, cultural e social. As mulleres socias deben representar, polo menos, o 90 % da totalidade das persoas asociadas, tanto no caso das asociacións como das federacións.

LIÑA1: gastos correntes derivados do mantemento e funcionamento ordinario da entidade xerados no período comprendido entre o 1 de outubro de 2018 . Máximo 4.000 euros

LIÑA2: actuacións e actividades en materia de igualdade, de prevención da violencia de xénero e de acompañamento das vítimas, con especial incidencia nas mulleres rurais, mulleres maiores e mulleres en situación de vulnerabilidade, realizadas entre o 1 de outubro de 2018 e o 30 de novembro de 2019. Máximo: 8000 euros.

PRAZO: ATA 22/04/2019

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais
| facebook | vimeo
| youtube

Suscríbete