Hoxe deixamos un PDF moi gráfico? PLANT con consellos a seguir, parte da nova campaña de prevención de incendios forestais “TOMA MEDIDAS” #sonCortalumes. Antes de decatármonos, estaremos de novo vivindo días de seca con moito risco, pero podemos axudar a evitar en gran medida que moitos dos lumes acontezan. Son pautas sinxelas e parten da idea de sermos responsables respectando a distancia das plantacións en relación a estradas, zonas de labradíos, gasolineiras… controlar o crecemento da biomasa nas parcelas, evitar o abandono e seguir estritamente as datas das queimas autorizadas.