Fogueiras na noite de San Xoán

Concello de Muras | Fogueiras na noite de San Xoán |

A Consellería de Sanidade resposta esto en relación ás celebracións para esa noite:

A celebración de FOGUEIRAS de San Xoán en ESPAZOS PÚBLICOS non se pode realizar atendendo ao que ven establecido na orde de 28 de maio de 2021. Mantense en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, o peche das actividades de festas, verbenas e outros eventos populares.

No caso da celebración de FOGUEIRAS EN ESPAZOS PRIVADOS, poderán ser como máximo de 15 persoas, como ven establecido na orde de 10 de xuño.

Recomendacións relativas á permanencia de grupos de persoas en espazos públicos ou privados:

  • No territorio dos concellos indicados nas letras B, C e D do anexo II recoméndase que os grupos non superen as seis persoas coma máximo en espazos pechados e as quince persoas coma máximo en espazos abertos ou ao aire libre, sexan de uso público ou privado, agás que se trate de conviventes.
  • Así mesmo, nestes mesmos concellos recoméndase que, entre as 1.00 e as 6.00 horas, a permanencia de grupos de persoas en espazos de uso público, tanto pechados coma abertos ou ao aire libre, e en espazos de uso privado se limite aos constituídos exclusivamente por persoas convivintes.
O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais