Este sábado 7 de novembro volve a coñecida actriz galega Isabel Risco ata o noso concello coa súa hilarante personaxe, Nabiza Girl, unha heroína rural coma non hai outra.
Estará ás 18: 00 na Casa do Médico onde poderán asistir a vela 20 persoas, seguindo as recomendacións de aforo do 50% para as actividades culturais ditaminadas pola Xunta.
Entrada libre e risas garantidas! 🙂
*Enmarcado dentro do Pacto de Estado contra a Violencia. Financiado con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero.