Muras, presente nunha xornada sobre turismo agroalimentario

Concello de Muras | Muras, presente nunha xornada sobre turismo agroalimentario |

O noso concello participou nunha cita organizada pola Deputación de Lugo para tratar de desenvolver unha oferta de turismo agroalimentario ligada á paisaxe da provincia a partir dos produtos de calidade do sector primario, no noso caso, o mel. Para iso os pasados 18 e 19 de decembro contouse coa achega das experiencias exitosas de emprendedores como Milhulloa, Champivil, Caurelor, Embutidos Suarna ou a Denominación de Orixe Queixo do Cebreiro.

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, inauguraba este martes no salón de actos do Pazo de San Marcos estas dúas interesantes xornadas  (aquí tedes o vídeo-resumo onde intervén o tenente de alcalde de Muras, Mario Rouco) nas que participaron quince expertos entre axentes turísticos, produtores, guías, expertos en comunicación, hostaleiros e gandeiros.

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais