Muras aproveita fondos Next Generation cun programa con participantes do Norte de Portugal e Galicia

Concello de Muras | Muras aproveita fondos Next Generation cun programa con participantes do Norte de Portugal e Galicia |

Está deseñado para territorios coma o noso, con baixa densidade de poboación e competitividade mellorable, nos que a presenza de I+d+i con recursos humanos moi cualificados podería axudar a catalizar a produción primaria e agroalimentaria e artellar estratexias de planificación empresarial. Apoiada pola Consellería de Medio Rural e polo Instituto Politécnico de Viana do Castelo (IPVC) comeza  bota a andar en Muras, Cervantes, Friol, Mondoñedo e Sober, pero “Nutrir Galicia” aspira a incorporar máis socios.

Agora iníciase a procura do equipo técnico para desenvolver un plan estratéxico coordinado e detectar oportunidades, captar financiamento e activar as accións que se decidan.

Que é Nutrir Galicia?

Nace cuns obxectivos aliñados cos do Campus Terra da USC polo que vai aproveitar sinerxías entre entidades para favorecer a transferencia de coñecemento desde a Universidade aos territorios e ás súas xentes. De feito o Campus Terra xurdiu para liderar a transformación do sector primario e do medio rural. Formando a profesionais, coa investigación e a transferencia de coñecemento nestas liñas: produción vexetal e agricultura sustentable, produción e sanidade animal, alimentación segura e saudable, xestión forestal sostible, biodiversidade e servizos ecosistémicos, loita contra o cambio climático e coas chamadas tecnoloxías facilitadoras.

O reitor da USC, Antonio López, así o resumía o pasado 10 de decembro na presentación que reuniu na Casa do Saber de Lugo ao conselleiro de Medio Rural, José González; e aos rexedores dos concellos participantes: o noso concello de Muras coa preseza de Manuel Requeijo (na imaxe de apertura na primeria fila, segundo pola dereita), Cervantes con Benigno González; Friol con José Ángel Santos; Mondoñedo con Manuel Otero; e Sober con Luis Fernández Guitián. A directora da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Inés Santé; o vicepresidente da Rexión Norte de Portugal, Belardino Pinto, e o coordinador de Nutrir Portugal, Nuno Brito de Vieira, tamén participaron nunha sesión que contou coa presenza de técnicos da Deputación Provincial de Lugo, outros dos protagonistas e responsables de que saia adiante. Loxicamente require da implicación de todos: dos Grupos de Desenvolvemento Rural, dos propios concellos, dos produtores e das administracións públicas.

Cales son as potencialidades que temos?

Tenas toda a provincia de Lugo pero de xeito máis particular os cinco municipios que estamos implicados no nacemento do proxecto. Falamos de capacidades produtivas nos sectores da carne, mel (somos un referente), horta, viticultura, queixos, cereal, castaña, micoloxía e froita. Entr outros temas Muras traballará na creación da marca de garantía “Carne do Xistral“. Está tamén a valorización de contornas con potencial micolóxico, a análise e control da produción de queixos a través da APLTA (Aula de Productos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias ubicada en Lugo), a xestión sostible de soutos e a selección de cereais, castañas e froiteiras .

A sede universitaria luguesa pode achegar moito nos eidos do vacún de carne (xenética, reprodución, xestión de sistemas silvopastorais, e análise de contaminantes), na análise de meles e no control e prevención da varroatose (un ácaro parásito que ataca e se alimenta das abellas), así como na caracterización e fertilización de cultivos hortícolas e no manexo hídrico das vides. A estas capacidades do Campus Terra nestes sectores produtivos se suman outras transversais: nutrición, educación e paisaxe e mesmo na posta en valor de contornas acaídas para prácticas e observacións astronómicas (somos Concello Starlight)… son moitas oportunidades para fortalecer o desenvolvemento dos territorios.  

Este modelo de intervención territorial vai na mesma liña doutras estratexias de organismos mundiais e ao tempo responde aos intereses dos gobernos nacionais, autonómicos, provinciais e locais.

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais