Informámosvos do proxecto Life In Commond Land que se presentou na Deputación de Lugo o pasado 13 de decembro, porque nel están incluidos os 3 montes comunais do noso Concello. Aquí tedes o vídeo da presentación.
O plan terá unha duración de cinco anos e pretende fixar poboación na zona de O Xistral favorecendo a gandería??? e actividade forestal??? . O proxecto foi elaborado pola Deputación co asesoramento das universidades de Santiago (USC) e da Coruña (UDC). O modelo resulta novo aínda que hai un exemplo que se ten en conta: en países como Francia aplícanse iniciativas para combater o despoboamento e conservar o medio ambiente. A novidade está na participación dos veciños na elaboración, nas compensacións que se ofrecerán e na posibilidade de ser imitado noutros lugares. Os membros de comunidades de montes de O Xistral están agora intervindo no deseño das medidas e intervirán tamén na súa aplicación.
Tres obxectivos