O 23 de febreiro é o día de Rosalía de Castro e o concello de Muras vai celebraralo por tódolo alto este sábado 25. Imos aproveitar para salientar unha das figuras máis importantes da nosa cultura. Unha muller creadora que deixou ensaios, narrativa e poemas, unha muller adiantada ao seu tempo que describiu como ninguén a paisaxe galega, achegándonola en cada verso.
A Agrupación Astronómica Coruñesa Io -apoiada por outras entidades- conseguiu que unha estrela levase o nome da nosa escritora. O seu primeiro exoplaneta foi nomeado Río Sar, de xeito que os seguintes serán sempre definidos con palabras relacionadas coa súa obra e a súa contorna. Coincidindo co certificado #Starlight que avala a altísima calidade do firmamento en Muras, imos celebrar a Rosalía nos nosos ceos cunha serie de actividades na ÁREA DE AUTOCARAVANAS DO VIVEIRÓ.
Falaremos da súa obra, da estrela que leva o seu nome para descubrir as estrelas. Todo mesturado con obradoiros, teatro, chocolate quente e unha observación guiada do ceo de Muras nesta época do ano. Como vai un pouco fresquiño, quentaremos o corpo cunha rica cunca de Caldo de Gloria.
Queremos e sobre todo gustaríanos moito que vos acheguedes a celebrar. Contamos con vos!
DEIXAMOS AQUI RECOMENDACIÓNS E HORARIOS 👇
RECOMENDACIÓNS
Hai que vir ben abrigados e levar unha manta ou saco para arrouparse, xa que pola noite soe facer frío.
É recomendable tamén esterilla aillante ou similar.
Evitaremos o uso de lanternas, móbiles ou calquera fonte de luz. Ver o ceo nocturno require que o noso ollo tarde uns 20 minutos en adaptarse e tras un fogonazo de luz tardemos en adaptarnos de novo. Vémonos o sábado 25 no Viveiró a partir das 16:00!!