Muras en Negro

Concello de Muras | Muras en Negro |

 

Segundo un recente informe da ONU as violencias machistas convertéronse na principal causa de morte das mulleres, de entre 15 e 44 anos no mundo, e diversos estudos amosan que aproximadamente un 70 % das mulleres experimentaron violencia física e/ou sexual por parte dun compañeiro sentimental durante a súa vida. Só en España, nos últimos quince anos, foron asasinadas preto de 800 mulleres e no que vai de 2018 xa se confirmaron 17 casos.

En resposta a esta realidade, no ano 2015 en Santiago, xorde Compostela en Negro, unha iniciativa municipal de sensibilización. O ano seguinte, no 2016 esta acción esténdese a outros 17 concellos, dando lugar a “En Negro contra as Violencias” una campaña de sensibilización a nivel galego, que se foi ampliando progresivamente. Este ano xa son 87 os concellos galegos que promoven a campaña #EnNegroContraAsViolencias xunto con 3 deputacións, Muras entre eles. Sensibilización no ámbito local cunha repercusión global.

 

 

 

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais