Muras, co-protagonista dun seminario enerxético

Concello de Muras | Muras,  co-protagonista dun seminario enerxético |

Este venres 13 de novembro organízase a sexta xornada dun importante seminario online que analiza cómo conseguir un sistema enerxético sustentable e equitativo. Muras foi un dos concellos convidados para falar de cómo abordar a enerxía eólica desde a perspectiva local.

O seminario será de 16 a 18 horas, contará cunha intervención de 15 minutos de cada participante e haberá un coloquio posterior.

Podedes velo pero cómpre inscrición nas webs que vedes no cartaz, onde tamén están os intervintes entre eles Manuel Requeijo, alcalde do noso concello.

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais