Este venres 13 de novembro organízase a sexta xornada dun importante seminario online que analiza cómo conseguir un sistema enerxético sustentable e equitativo. Muras foi un dos concellos convidados para falar de cómo abordar a enerxía eólica desde a perspectiva local.
O seminario será de 16 a 18 horas, contará cunha intervención de 15 minutos de cada participante e haberá un coloquio posterior.
Podedes velo pero cómpre inscrición nas webs que vedes no cartaz, onde tamén están os intervintes entre eles Manuel Requeijo, alcalde do noso concello.