Maxia en Muras

Concello de Muras | Maxia en Muras |

A alquimia de Mago Teto e o obradoiro de Pedro Bugarín na Casa do Médico este sábado e domingo!! Non volos perdades!

Héctor Guerra (Mago Teto) é un dos magos máis veteranos e relevantes a pesar da súa xuventude. Habitual na televisión goza de gran popularidade e traballa tanto espectáculos de rúa (como O Afiador), gran formato para teatros (A Maxia da Santa Compaña) e todoterreos como o seus clásicos ʻTolemaxiasʼ e “Perto de Ti”. E o coruñés Bugarín traeranos a primeira fila trucos tan clásicos como abraiantes con bo humor e sorpresas.

A entrada é de balde pero o aforo máximo é de 10 persoas polas medidas sanitarias Covid-19. Por iso cómpre reservar chamando ao concello ao 982 500001.

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais