Estréase novo programa da Vicepresidencia da Deputación de Lugo,que conta cun orzamento de 200.000€ e beneficiará a uns 500 animais con axudas unitarias de 400 € por animal, cun límite máximo de 6 animais por granxa.
O Boletín Oficial da Provincia recolleu as bases o luns 2 de setembro, as persoas interesadas teñen 15 días HÁBILES dende o día seguinte á pubicación: ou sexa ata o luns 23 de setembro.
ESTES SON OS ANEXOS PARA PEDIR A SOLICITUDE
Quen pode ser beneficiario?
Persoas físicas e xurídicas titulares de explotacións gandeiras da provincia de Lugo que críen animais bovinos de pura raza Rubia Galega, sempre que posúan alomenos unha femia reprodutora desta raza, nada na propia granxa e que pasara o Rexistro Definitivo do Libro Xenealóxico durante 2023.
Deben ter acreditado como mínimo un parto antes dos 30 meses, que superen unha cualificación lineal mínima de 40 puntos, que non posúan defectos e que obteñan un resultado positivo de filiación cos proxenitores (un test de paternidade e maternidade). Os animais beneficiarios da axuda deben permanecer polo menos durante 3 anos na granxa do titular solicitante con posibilidade de subrogación dos dereitos.
A documentación deberá rexistrarse a través da sede electrónica da Deputación de Lugo ou fisicamente no Rexistro provincial, como dixemos, antes do 23 de setembro. As solicitudes tramitaranse en rigoroso orde de entrada tal e como se recolle nas bases.
Para calquera dúbida ou aclaración, chamade ao 982 26 02 27 de 09.00 a 14.30 horas.