Importante: malia ser no colexio está aberta a todo o público.
Ata Muras chega Títeres Alakrán, compañía que nace en 2003 a cargo do titiriteiro, actor e escultor Borja Insua que traballa xéneros tanto para nenos coma para adultos (xa estivo canda nós na Romaxe Artesá da Chaira de 2018, é a imaxe de apertura). Neste caso fai unha adaptación de 45 minutos de duración da obra de Marta Lado, A Pita Xefa, editada por Baía Edicións e gañadora do III Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade (2021).
O xurado dixo da obra de Lado: “é unha historia orixinal, divertida e reivindicativa sen caer en dogmas nin estereotipos (…) considerando un acerto o emprego da imaxe do galiñeiro (…) dun xeito lúdico sen caer no dirixismo e tratando á rapazada con intelixencia”.
Se queredes vela achegádevos o XOVES 20 de xuño ata o noso CEIP, será ás 11 da mañá!