Arrincamos cun proxecto piloto para tratar de frear a expansión da vespa asiática velutina que tanto manca as abellas e aos nosos apicultores. Por iso, o pasado 11 de abril, Isabel Goti e Manuel Ferreira, responsables da
Casa do Mel de Goente (As Pontes), viñeron ata Muras para informar aos apicultores da mellor forma de combatir esta especie invasora repartindo medio cento de trampas.
A mellor data para colocalas é agora, antes de que se formen niños, e xa se están a poñer nas zonas nas que houbo máis avisos, como en Silán. Se se colocan ben, un tanto por cento das vespas poden desaparecer.
As trampas están elaboradas artesanalmente, levan un atraente comercial -cada 15 días debe renovarse- sufragado polo Concello e cada unha vai numerada coas coordenadas e os lugares onde están .